4images logo
c_tl c_t c_tr
c_l
Usuarios rexistrados
Usuario:
Contrasinal:

Iniciar sesión automáticamente na seguinte visita?


Imaxe aleatoria

XVIII Regata Vela Tradicional Porto de Redes
XVIII Regata Vela Tradicional Porto de Redes

manel

Josefa Martínez López (1882-1936)
Josefa Martínez López (1882-1936)

     

Josefa Martínez López (1882-1936)
Descrición: Filla de José Martínez Cabaleiro e Candelaria López Casteleiro. Era a maior de cinco irmás, dúas rapazas (Ada e Concha) e dous raparigos (José e Daniel). Pasou parte da súa vida remexendo en vellos papeis procurando as súas raíces. Chegou a elaborar unha árbore xenealóxica da que ainda conservamos unha copia. O orixinal deixoullo miña avoa a un parente para facer unha copia e unha copia foi a que lle devolveu. A árbore en cuestión é a que aparece na páxina 78 do recente número da revista "A Tenencia". Lamentablemente a ninguén se lle ocorreu citar á autora. Feo detalle desde logo, extremadamente pouco elegante.
Palabras clave:  
Data: 25.11.2007 23:29
Impactos: 557
Descargas: 1
Puntuación: 5.00 (1 Votos)
Tamaño de arquivo: 18.0 KB
Enviado por: javier


Autor: Comentario:
javier
Membro

Data de alta: 04.10.2007
Comentarios: 24
Quedariamos moi agradecidos

Se alguén atopa na súa casa o orixinal da árbore en cuestión, que saiba que non é seu nin foi do seu pai. Agradeceriamoslle, desde logo, que llo devolvese aos seus lexítimos propietarios.
26.11.2007 22:39 Offline javier camoucano at hotmail.com
camouco0
Administrador

Data de alta: 27.09.2007
Comentarios: 3
Sabes quen a ten

Si sabes quen ten o orixinal, para que cuspes ó aire?
03.12.2007 00:22 Offline camouco0 webmaster at caamouco.net
javier
Membro

Data de alta: 04.10.2007
Comentarios: 24
Cando tes razón, tes razón

En calquera caso, por máis que cuspa, a ti non che vou salpicar, podes estar tranquilo. Este é un tema delicado. Non teño forma de probar que o que digo sexa certo e, sen embargo, é certo. Logo, comprenderás que non podo dar nomes. Así que o deixo caer para ver se alguén se da por aludido e fai o que non fixo o seu pai. Ademais, como podes ver, cuspir cuspo pero con nome e apelidos, os meus.
Por outra banda, sinceiramente penso que a miña indignación está máis que xustificada. O feito de non citar a miña tía como autora da árbore na revista da Tenencia é absolutamente imperdoable. É como se lle roubasen e nos roubasen por segunda vez
04.12.2007 22:48 Offline javier camoucano at hotmail.com
camouco0
Administrador

Data de alta: 27.09.2007
Comentarios: 3
Si oh, sí!!

Ainda así, é un costume del que moitos coñecen.
O de pedir prestado e non devolver.... a de material aproveitable para estas páxinas que está agochado.
09.12.2007 23:56 Offline camouco0 webmaster at caamouco.net
Alejandra Larriva
Convidado
Desde Mérida, Yucatán

Hola, soy Mexicana, nací en Mérida, Yucatán y soy descendiente de Don Nicolás Martínez Cabaleiro, el es mi Bisabuelo, soy nieta de su hijo más pequeño nacido en Isla Mujeres, Q Roo, México y su nombre es Alfonso Martínez Silva, papá de mi madre de nombre Josefa Martínez Alonso, ella nació en Progreso, Yucatán. Porfavor deseo hacer contacto con un familiar y conocer más nuestros origenes. Reciban un fuerte abrazo.
10.09.2010 04:18  



Anterior:
Primas e amigas, 1924  
 Seguinte:
José Martínez Cabaleiro e Candelaria López Casteleiro, 1912

 

c_r
c_bl c_b c_br

RSS Feed: Josefa Martínez López (1882-1936) (Comentarios)

Designed by  4images theme hosting services