4images logo
c_tl c_t c_tr
c_l
Usuarios rexistrados
Usuario:
Contrasinal:

Iniciar sesión automáticamente na seguinte visita?


Imaxe aleatoria

Triacastela A Samos 100529 CG 080
Triacastela A Samos 100529 CG 080
Comentarios: 0
camouco0

Homenaxe á Armada Republicana
Homenaxe á Armada Republicana

     

Homenaxe á Armada Republicana
Descrición: Exposición fotográfica
"Homenaxe á Armada Republicana"
Organiza: Memoria Histórica Democrática.
Ferrol - Galería Sargadelos
Do 16 ao 30 de xuño de 2008

Texto do díptico:

Os cabos da Armada Republicana.
Ao proclamarse a Segunda República, en todos os buques da escuadra producíronse manifestacións de Leticia entre cabos e marineiría, mentres a meirande parte dos oficiais amosaron abertamente o seu desagtrado, por ser monárquicos. Consciente da súa deslealtade, os gobernos republicanos potenciaron os denominados corpos auxiliares e equiparáronos en dereitos, para que a curto prazo, unha oficialidade de probada lealtade republicana fixésese cargo da Escuadra.
Os cabos da República entraban a servir tras pasar polas Escolas de Aprendices de marina. Procedían de clases sociais humildes e vían nesta profesión un mecanismo de ascenso social.
Os oficiais monárquicos considerábanse superiores e tratábamos con dureza, suspendendo a moitos deles de xeito sospeitoso para evitar o seu ingreso e evitar a consolidación dun corpo de suboficiais claramente republicano.
O golpe de estado: a Escuadra mándana os cabos.
Máis do 90% dos oficiais de Marina secundaron o golpe de estado de 1936 contra o goberno republicano, pero salvo excepcións, a sublevación dos buques fracasou pola actitude dos cabos quen, coñecedores da conspiración, enfrontáronse á mesma con éxito, detiveron aos oficiais rebeldes e encarceráronos, pon a maior parte dos buques a disposición do goberno republicano. De aí a coñecida frase “la escuedra la mandan los cabos”. A historia oficial dos vencedores fomentou a imaxe dunha Escuadra Republicana incompetente e pasiva no conflicto, precisamente por estar ven mans dun colectivo politizado e con escaso apego á jerarquía. A verdade é que a Escuadra Republicana tivo tres graves carencias durante a Guerra Civil.
En primeiro lugar a práctica imposibilidade de interceptar as subministracións que recibía o adversario. Os envíos alemáns e italianos eran convoyados polas marinas de guerra de ambos os países. Outras subministracións entraban a través de Portugal como segundas exportancións.
A Marina británica –que simpatizaba cos sublevados- facilitaba aos buques rebeldes a localización dos buques republicanos con emisións de radio sen cifrar, que eran fácilmente interceptadas.
En segundo lugar, a escaseza de oficiais leais á República. Houbo buques saboteados, intentos de pasalos ao inimigo e –sobre todo- unha actitude claramente pasiva e desganada, especialmente nos que mandaban os submarinos. Ao terminar a guerra, corroboráronse as sospeitas de que varios comandantes actuaron en complicidad eco inimigo, entregando listados de tripulantes que debían ser xulgados e fusilados.
En terceiro lugar unha escaseza de equipamentos e combustibles que forzou a flota a permanecer inactiva na súa base de Cartagena máis tempo do que requirían as necesidades militares.
Exilio e represión
Boa parte dos cabos que foron capturados ao termo da Guerra Civil ou que regresaron confiados nas promesas de que non habería represalias, atopáronse pronto encarcerados ou diante dun pelotón de fusilamento. Os máis precavidos mantivéronse no exilio, participaron en gran medida na resistencia francesa contra os nazis (“le maquis”) e quedaron defraudados ao ver que a ditadura de Franco sobrevivía á derrota das ditaduras nazi e fascista de Alemaña e Italia.
Persoas espertas, con gran amor pola lectura, os cabvos republicanos afrontaron o exilio cun notable éxito persoal na maioría dos casos. Tamén o fixeron os que lograron reinsertarse na sociedade civil española tras pasar polos cárceres. Son abundantes os ejemplos de iniciativa laboral que acredita a súa valía e formación

A Asociación Memoría Histórica Democrática quere contribuir –con esta exposición de fotografías prestadas polo compañeiro David Fernández Martínez- a dignificar a este colectivo tan inxustamente vilipendiado no pasado.
Palabras clave:  
Data: 25.06.2008 17:00
Impactos: 317
Descargas: 0
Puntuación: 1.00 (0 Votos)
Tamaño de arquivo: 79.1 KB
Enviado por: javier


Autor: Comentario:
Non hai comentarios para esta imaxe



Anterior:
Homenaxe á Armada Republicana  
 Seguinte:
Homenaxe á Armada Republicana

 

c_r
c_bl c_b c_br

RSS Feed: Homenaxe á Armada Republicana (Comentarios)

Designed by  4images theme hosting services