| Imaxe aleatoria |
 |
 Foto069
Comentarios: 0 camouco0
|
 |
|
 |
 |
Visegrad
| Visegrad |
| Descrición: |
Refirome ó Visegrad bosnio, pois hai outro húngaro.
Esa é a ponte da que escribeu unha novela histórica un bosnio coñecido como Ivo Andric durante o seu cautiverio de 1944 e 1945 polos alemáns, valeulle o Nobel de literatura en 1964. A novela titulase "Ponte sobre o Drina".
O Drina foi a fronteira natural entre Serbia e Bosnia, turcos e cristiáns, durante máis de 3 séculos. Ese preciso punto coñecese como o "sofa", fácil de entender por qué, e foi un punto de reunión para tomar café, charlar, e logo houbo un caseto con soldados como paso fronteirizo.
Foi feito por Mehmed Al Pachá, un visir turco que foi roubado destas terras cando era un neno e logo educado en Estambul. unha gran parede conmemorativa o recorda, curiosamente chámanlle "Kapia" (casi é tapia) está ó outro lado e da sombra ó sofá (disque, porque eu intentei leela e o árabe floxeame un pouco).
A ponte é bastante ancha e alta, para ser de 1537, pode que se conservara asà polo par de nenos xemelgos que están enterrados xusto debaixo do "sofa", ..., costumes turcos.
Actualmente é só peatonal e o tráfico vai por outra ponte máis abaixo, da era Tito. |
| Palabras clave: |
|
| Data: |
25.11.2008 23:27 |
| Impactos: |
466 |
| Descargas: |
0 |
| Puntuación: |
5.00 (1
Votos) |
| Tamaño de arquivo: |
112.6 KB |
| Enviado por: |
regino |
|
|
 |