4images logo
c_tl c_t c_tr
c_l
Usuarios rexistrados
Usuario:
Contrasinal:

Iniciar sesión automáticamente na seguinte visita?


Imaxe aleatoria

Voda en Caamouco
Voda en Caamouco
Comentarios: 0
javier

Ben Cho Sey No Curbeiro (1)
Ben Cho Sey No Curbeiro (1)

     

Ben Cho Sey No Curbeiro (1)
Descrición:  
Palabras clave: Curbeiro BenChoSey
Data: 28.09.2007 23:17
Impactos: 700
Descargas: 0
Puntuación: 1.00 (0 Votos)
Tamaño de arquivo: 58.7 KB
Enviado por: javier


Autor: Comentario:
javier
Membro

Data de alta: 04.10.2007
Comentarios: 24
"As cousas fanse a tempo ou non se fan".

Ramón Fernández-Oxea, Xosé (Ourense 1896 - Madrid 1988). Escritor. Coñecido co pseudónimo de Ben-Cho-Sey, foi un creador literario e investigador multidisciplinar de temas históricos, sociolingüísticos, pedagóxicos, etnográficos e arqueolóxicos. Relacionado co grupo Brais Pinto, recolleu e simbolizou o espírito da xeración que xurdiu arredor do Seminario de Estudos Galegos. Colaborou en " Tío Marcos d´a Portela"e en 1922 comezou a empregar o seu pseudónimo en "La Zarpa". No ámbito da investigación antropolóxica e cultural destaca a obra "Santa María de Moreiras. Monografía dunha parroquia ourensán(1925-1935)" (1969). De tipo ensaístico é "O baldaquino en Galicia denantes do arte barroco" (1930) e "Arturo Núñez e o seu tempo" (1952). Tamén escribiu poesía, "Berzas" (1953) e "A ducia do frade" (1966); e obra narrativa, "Andrómenas" (1954). Foi membro do Seminario de Estudos Galegos (1928) e da Real Academia Galega (1943).

A reseña anterior podédela atopar na páxina 116 do volume 51 do Diccionario Enciclopédico Galego Universal.

Como podedes comprobar a súa estancia en Redes coincide coa publicación do seu libro de poesías "Berzas" (1953).É posible que pasesa algún verán máis na vila. Por aquel entón xa vivía en Madrid e si elixiu Redes parea veranear foi pola amizade que mantiña con María Rosa Vilar (filla de Dionisio Vilar, o dono do lugar).

Afortunadamente conservo un exemplar de "Berzas" adicado do seu puño e letra aos meus pais: "Para os amigos Rosiña e Andrés Yáñez en lembranza dos días felices pasados en Redes". Asina: Ben-Cho-Sey, San Roque de 1953.

O libro ten dúas portadas. Na primeira aparece a data de 1953 e na segunda a de 1951; polo tanto, no sabería decirvos cal é a verdadeira data de edición.
Non figura ningunha editorial de referencia, só di "e propiedade do autor". Supoño que foi el mesmo que o editou.
O libro está adicado a súa filla Marisabel "coa esperanza do seu amor a Galiza". A filla como podedes comprobar tamén aparece na fotografía, xunto coa súa muller e un amigo madrileño.
21.10.2007 22:38 Offline javier camoucano at hotmail.com



   Seguinte:
Nenos no entroido en Caamouco

 

c_r
c_bl c_b c_br

RSS Feed: Ben Cho Sey No Curbeiro (1) (Comentarios)

Designed by  4images theme hosting services