<rss version="2.0">
  <channel>

    <title>FotoBlog de Caamouco.Net - Mugardos. Escudo de armas da Casa dos &quot;Mariño de la Barrera&quot;</title>
    <link>https://www.fotoblog.caamouco.net/details.php?image_id=2045</link>
    <description><![CDATA[Coñecida como &quot;Casa da Sirena&quot; e tamén como &quot;Casa do Ratón&quot;.
No xornal  &quot;O Comarcal&quot; do 17 de xuño de 2000, Francisco Rubia e Xoan Rubia escribían:

&quot; A Don Juan Mariño de la Barrera, tense como o fundador da Casa. Naceu en Ares no ano 1737 e morreu en Madrid no ano 1803. Era fillo de Fernando de la Barrera e Mariño de Sotomayor e de Anastasia de Cobas da Rigueira. Foi colexial de Fonseca, Alcalde Maior e Oidor de Navarra, Alcalde ce Casa e Corte, Presidente da Real Chancelería de Granada, do Consello da Súa Maxestade, Cabaleiro da Orde de Carlos III.
Casou con Dona Francisca Raón, natural de Calahorra e non tiveron fillos. O Maiorazgo da Casa o tivo seu irmá Álvaro que foi avogado. Tivo como fillos a Ramón de la Barrera e Castro, tenente de Artillería, Rexidor de Betanzos, Vocal da Xunta Superior de Armamento e Subsidios, Alcalde de Mugardos, Dono da Casa de Mugardos, Ares, Yedrós, Otero e San Vicenzo de Mehá&quot;]]></description>
    <pubDate>Tue, 14 Apr 2026 10:34:33 GMT</pubDate>
      <image>
      <url>https://www.fotoblog.caamouco.net/data/thumbnails/36/baltar_010.jpg</url>
      <title>Mugardos. Escudo de armas da Casa dos &quot;Mariño de la Barrera&quot;</title>
      <link>https://www.fotoblog.caamouco.net/details.php?image_id=2045</link>
    </image>
    

  </channel>
</rss>