<rss version="2.0">
  <channel>

    <title>FotoBlog de Caamouco.Net - Julio Fernández e a súa dona María Dopico</title>
    <link>https://www.fotoblog.caamouco.net/details.php?image_id=4208</link>
    <description><![CDATA[Da obra: O mundo de Angelita. Unha vida de loita con nome de muller.
Edición ao cargo de: Josefina Feal e Beatriz Varela.
Edita: Fundación 10 de Marzo

Fragmento da obra:
&quot;Hai unha casa en San Xoan de Piñeiro onde o 18 de xullo se refuxiaron todos os fascistas, os cregos. É un pazo, o Pazo do Piñeiro. Viñeron buscar as forzas públicas a Mugardos pero nada máis que estaban os carabineiros. e mandáronos para alí. Foi onde lle tocou a mi padre.
Foi un tiro. Mi padre era moi fumador. Acórdome que daquelas contaban que acendeu un cigarro e, ao ver a chama do mecheiro pegáronlle un tiro os fascistas que estaban refuxiados na casa. El estaba alí para gardar a orde e para que se entregaran aqueles homes que tiñan armas. Tocoulle a el.
... Mi padre non morreu no momento, trouxerono para a casa. Cando chegou, Amelia e mais eu estabamos durmindo na casa de Pepita ...]]></description>
    <pubDate>Tue, 14 Apr 2026 06:59:10 GMT</pubDate>
      <image>
      <url>https://www.fotoblog.caamouco.net/data/thumbnails/21/Scan10025.JPG</url>
      <title>Julio Fernández e a súa dona María Dopico</title>
      <link>https://www.fotoblog.caamouco.net/details.php?image_id=4208</link>
    </image>
    

  </channel>
</rss>