<rss version="2.0">
  <channel>

    <title>FotoBlog de Caamouco.Net - Presentación do libro &quot;O mundo de Angelita&quot;</title>
    <link>https://www.fotoblog.caamouco.net/details.php?image_id=4242</link>
    <description><![CDATA[Venres, 17 de novembro de 2008
Centro Cívico de Mugardos

O libro, publicado pola Deputación da Coruña, é a edición, preparada polas profesoras Josefina Feal e Beatriz Varela, da historia da vida de Ángeles Fernández Dopico, Angelita, mugardesa que traballou na Fábrica de Lápices de Ferrol, na Bazán e como ama de casa.
O libro, redactado a partir de vinte horas de entrevistas, recolle a traxectoria vital de Angelita, dende as súas orixes familiares, ata os nosos días. Percorre episodios vividos por Ángeles Fernández durante a Guerra Civil e a ditadura, as súas primeiras actividades laborais, o seu casamento con Francisco Filgueiras -histórico lider comunista de Bazán-, a represión franquista, o exilio tras os sucesos do 10 de Marzo, etc.

Ángelita é unha das fillas de Julio Férnandez, carabineiro asasinado no pazo do Piñeiro nos primeiros días do golpe de estado fascista.]]></description>
    <pubDate>Tue, 14 Apr 2026 09:34:58 GMT</pubDate>
      <image>
      <url>https://www.fotoblog.caamouco.net/data/thumbnails/21/angelita1.JPG</url>
      <title>Presentación do libro &quot;O mundo de Angelita&quot;</title>
      <link>https://www.fotoblog.caamouco.net/details.php?image_id=4242</link>
    </image>
    

  </channel>
</rss>