<rss version="2.0">
  <channel>

    <title>FotoBlog de Caamouco.Net - Visegrad</title>
    <link>https://www.fotoblog.caamouco.net/details.php?image_id=4253</link>
    <description><![CDATA[Refirome ó Visegrad bosnio, pois hai outro húngaro.
Esa é a ponte da que escribeu unha novela histórica un bosnio coñecido como Ivo Andric durante o seu cautiverio de 1944 e 1945 polos alemáns, valeulle o Nobel de literatura en 1964. A novela titulase &quot;Ponte sobre o Drina&quot;.
O Drina foi a fronteira natural entre Serbia e Bosnia, turcos e cristiáns, durante máis de 3 séculos. Ese preciso punto coñecese como o &quot;sofa&quot;, fácil de entender por qué, e foi un punto de reunión para tomar café, charlar, e logo houbo un caseto con soldados como paso fronteirizo.
Foi feito por Mehmed Al Pachá, un visir turco que foi roubado destas terras cando era un neno e logo educado en Estambul. unha gran parede conmemorativa o recorda, curiosamente chámanlle &quot;Kapia&quot; (casi é tapia) está ó outro lado e da sombra ó sofá (disque, porque eu intentei leela e o árabe floxeame un pouco).
A ponte é bastante ancha e alta, para ser de 1537, pode que se conservara así polo par de nenos xemelgos que están enterrados xusto debaixo do &quot;sofa&quot;, ..., costumes turcos.
Actualmente é só peatonal e o tráfico vai por outra ponte máis abaixo, da era Tito.]]></description>
    <pubDate>Tue, 14 Apr 2026 06:49:19 GMT</pubDate>
      <image>
      <url>https://www.fotoblog.caamouco.net/data/thumbnails/11/Visegrad.jpg</url>
      <title>Visegrad</title>
      <link>https://www.fotoblog.caamouco.net/details.php?image_id=4253</link>
    </image>
    

  </channel>
</rss>